Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Noia
Parroquia: Barro (Santa Cristina)
Lugar: Eiroa
Outra denominación do ben: Desencravo de Eiroa
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Levantado no ano 1879, é un dos cruceiros máis fermosos de Galicia. Cruceiro de tipoloxía de crucifixo. Arranca nunha plataforma cadrada de tres gradas escalonadas, despois leva un pedestal cadrado que remata nunha moldura de arestas biseladas. No capitel aparecen catro anxos sostendo os instrumentos da paixón de Cristo. Na cruz aparece a escea do descendemento de Cristo da cruz, coa virxen nun primer plano e con tres persoas axudando a baixalo (Xosé de Arimatea e Nicodemo). Destaca o gran realismo e veracidade da representación. No mesmo recinto tamén se atopa un pequeno peto de ánimas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
pax 61


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O cruceiro atópase xusto de lado da estrada Noia-Muros, e xa fai anos hai noticias de que un accidente esnaquizouno e houbo que restauralo.


Onde está localizado

Latitude: 42.802343943
Lonxitude: -8.88412132859
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84