Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Pantón
Parroquia: Ferreira de Pantón (Santa María)
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben: Casa grande de Vilar
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construción do século XVII, de planta irregular con varios corpos pegados, feito a base de cantería granítica e tellado de tella, onde sobresae unha gran cheminea. Posúe dúas alturas unidas por unha gran escalinata. No segundo andar destaca unha solaina feita en madeira e con columnas de granito. Tamén posúe un gran patio interior.

Na fachada principal destacan varios escudos, entre eles os que representan as familias Quiroga, Somoza e Montenegro. Por esta casa tamén pasaron outras familias, entre as que destacan os López Losada, Valcárcel…

Cunha finca de 4000 m2, o pazo de Vilar atópase pechado cun muro de pedra

Segundo os documentos da época, as orixes este pazo remóntanse ao século XVII, cando nel vivía don Pedro López Losada.

O pazo foi rehabilitado en tempos recentes e conserva íntegra a súa estrutura orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=20377&ctre=36
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2009/03/18/0003_7597846.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5106364143
Lonxitude: -7.61208772659
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84