Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pantón
Parroquia: San Vicente de Castillón (San Vicente)
Lugar: San Vicente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Cruceiro duns catro metros de altura, que nace sobre catro chanzos. A súa base cúbica posúe varias inscricións, algunhas delas ilexibles. Esta base é posterior ao resto do conxunto.
O varal de forma octogonal contén as imaxes de María Magdalena sostendo un cáliz e San Xoán Bautista apreixando un año.
O seu capitel moldurado da paso a unha cruz de tipo latina na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Dolorosa no reverso. O Cristo ten rota unha das súas pernas.
O cruceiro atópase nun emprazamento distinto ao orixinal. Foi recolocado no ano 1877, tal e como di a inscrición da súa base:
“TRASLA(da)DO Y RE-/ EDIFICADO P(o)R EL/LIC(encia)DO JOSE R(odrígu)EZ./ EIRAS CVRA DE/LOS CASTILLONES”
Orixinariamente o cruceiro atopábase no lugar de A Ermida.
Debaixo da cartela de INRI podemos ver unha inscrición co ano 1610, posiblemente a data da súa construción.
Diante do conxunto érguese un pousadorio feito en pedra.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/04/23/0003_6757474.htm
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/270410401.html
https://gl-es.facebook.com/1138625142838896/photos/a.1848982958469774/5109742762393761/?type=3&theater
https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=5109742995727071&id=1138625142838896
BIBLIOGRAFÍA
VV. AA. (1975). INVENTARIO ARTÍSTICO DE LUGO Y SU PROVINCIA, Tomo II. Ed: Ministerio de Educación y Ciencia (Dirección General del Patrimonio Artístico y Cultural).
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5358899829Lonxitude: -7.63224318624
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Rosa says:
Set 14, 2023
Este cruceiro é denominado de Castillón e pertencente a dúas parroquias Santiago e San Vicente de Castillón, a súa situación é o limite ou marco entre ambas as dúas.