Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón
Parroquia: San Vicente de Castillón (San Vicente)
Lugar: San VIcente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa do século XVII dunha soa nave, feita a base de cadeirado granítico labrado, con teitume a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro.
Na súa fachada principal, por riba da porta de acceso, destaca un escudo feito en pedra co emblema do Hospital Real de Santiago.
No interior destaca un arco triunfal de medio punto, e coroando o retablo maior, un escudo de notables dimensións feito en madeira e de época barroca que corresponde á monarquía dos primeiros Borbóns.
A súa cornixa moldurada con pináculos nos extremos da paso a unha espadana central de dous corpos. O primeiro ten dous ocos con arcos de medio punto, e o segundo ten un só oco.
O lugar onde se atopa esta igrexa é rica en xacementos de época romana. Cando se comeza a súa construción se atopan moedas e unha lápida coa seguinte inscrición:
“D.M.S
VALERIAE
FLORINAE
AN XXIII
POMPEIVS
LVPVLVS
VXORI. PI
ENTISSIMAE”
(“Consagrado aos deuses manes, Valeria Florina morta á idade de 23 anos. Pompeio Lúpulo (fixo este monumento) para a súa muller piadosamente”)
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da igrexa se gardaba unha imaxe da Virxe da Inmaculado, posiblemente do século XVIII, que foi roubada a inicios do mes de marzo de 2019 (Ver referencia bibliográfica).
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA005.pdf
pax. 6 do pdf
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-provincia.html
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/04/23/0003_6757474.htm
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2019/03/15/span-langglalguen-debeu-fixarse-na-virxe-nunha-spanspan-langglcelebracion-viu-era-facil-levarspan/0003_201903M15C3991.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5377477679Lonxitude: -7.62758418918
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84