
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Pantón
Parroquia: San Vicente de Castillón (San Vicente)
Lugar: O Reguengo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Pazo de planta con forma de U e tres alturas, feito en aparello de cadeirado granítico con teitume de tella a tres e catro augas.
O aceso á propiedade realízase por medio dun portalón que da paso a unha plaza de grandes dimensións.
Na fachada principal destaca unha ampla escalinata de granito que comunica o patio coa planta alta do pazo onde se abre a porta á capela, unha gran solaina e varios escudos coas armas dos Losada, Orozco, Sotelo, Ulloa, Fernández de Temes, Taboada e Noguerol.
Na capela, construída no ano 1772 sobre unha anterior do século XV, destaca a súa torre de 212 m2.
A fábrica primitiva do pazo é do século XV, aínda que as reformas que sufriu nos séculos XVIII e XIX alteraron o pouco que mantiña da época medieval.
O pazo atópase rodeado cun muro de peche.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior do pazo destacan varios elementos: unha lareira con canizo para madurar as castañas.; dous retretes feitos no muro da torre.
En relación á capela, dicir que posúe porta adintelada con remate en espadana dun so oco. No lintel da porta aparece unha inscrición que di:
“Y SE DESIZO LA
ANTIGUA QUE SE
AVIA ECHO ANO DE 1426”.
No seu interior podemos ver un retablo de época barroca, e dúas imaxes en madeira, posiblemente feitas polo artista monfortino F. Moure
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=7458&ctre=36
http://www.caminodeinvierno.com/content/5%C2%AA-etapa-monforte-chantada-297km
http://es.concellodepanton.es/pazos/4547539467
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
Yebra de Hares, Antonio Benito. PAZOS Y SEÑORÍOS DE LA PROVINCIA DE LUGO. Servicio de publicaciones Diputación Provincial Lugo. 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5408525172Lonxitude: -7.61400282383
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84