Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Mazaricos
Parroquia: San Fins de Eirón
Lugar: Corveira - Estivada Vella
Outra denominación do ben: Dolmen de Corveira
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A Mina da Parxubeira, tamén coñecida como Dolmen de Corveira, é unha anta situada na zona coñecida como Estivada Vella. Datada entre o IV e III milenios a.C., intégrase na necrópole de Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro.
O corredor, pequeno, está orientado cara ó leste; a cámara é poligonal e falta a lousa que a cubría, así como as chantas do lado sur. En total conserva trece esteos, seis na cámara e sete no corredor. A mámoa tivo un diámetro de entre 19 e 22 metros e contaba cunha coiraza de pedras.
Foi escavado por Antón Rodríguez Casal entre 1977 e 1984, descubrindo na periferia do túmulo e no seu interior, un enxoval consistente en láminas de sílex, unha punta de frecha, anacos de cerámica campaniforme, catro estelas antropomórficas de gneis granítico e uns pequenos ídolos de coios, un deles con decoración baseada en incisións, chamados betilos, todo o cal se atopa no Museo Arqueolóxico da Coruña. As estelas e os betilos estaban chantados verticalmente fronte ao corredor de entrada, xusto na periferia, mais non á vista dos vivos. É posíbel que se colocasen para protexer o morto como materialización simbólica da divindade da morte.
A mina da Parxubeira será un dos 14 enclaves megalíticos que formarán parte do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal aprobado pola Xunta de Galicia para o Parque Arqueolóxico do Megalitismo, situado na Costa da Morte e será un dos catro grandes centros da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico que será realidade no 2012, e que xa conta coa declaración de impacto ambiental precisa. Agora agárdase que antes de que remate o 2011 sexa aprobado o proxecto polo Consello da Xunta, co informe pendente da Dirección Xeral de Sostibilidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

A. Rodríguez Casal (1989): La necrópolis megalítica de Parxubeira. Campañas arqueolóxicas de 1977 ao 1984. A Coruña: Monografías urxentes do Museu de San Antón, 4.
Ramón Boga Moscoso (1997): Dólmenes de Galicia. A Coruña: Baía Edicións.
Xosé María Lema Suárez (1999): Arquitectura megalítica na Costa da Morte. Santiago de Compostela: Asociación Neria.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MAZARICOS/documents/0213CA003.pdf (pax.16 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9401664412
Lonxitude: -8.93655180931
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84