Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado, Necrópole,
Concello: Vigo
Parroquia: Coia (San Martiño)
Lugar: Illa do Faro - Illas Cíes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval, Século XIX,
Descrición:
Edificación do século XIX, de planta rectangular con dúas alturas, realizado en cadeirado granito labrado, con cuberta a dúas aguas.
O edificio actual foi edificado aproveitando os restos da anterior edificación de época medieval. Aínda é posible ver inscricións e signos lapidarios desta época. Tamén se conservan as cimentacións orixinais sobre a roca.
No ano 1992, durante a súa rehabilitación como Aula da Natureza, se atoparon varias tumbas escavadas sobre rocha, e un sartego antropomorfo. Tamén se atoparon restos óseos, unha moeda portuguesa de bronce, unha cruz de chumbo, etc.
A orixe deste convento ven dos monxes da Orde de San Bieito que, descontentos coa súa vida no convento beneditino de Coruxo (Vigo), deciden fundar este cenobio. O convento subsistiu ata o século XVI, cando foi queimado e arruinado polos piratas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: GA36057079
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Segundo recolle o hstoriador Eduardo Rolland a edificación foi un almacén de artillería construído tras o desastre da batalla de Rande
O edificio é parte dun proxecto máis grande e ambicioso de mans do enxeñeiro Timoteo Roch quen “deseña en 1810 un proxecto para construír nas Cíes unha base naval, que cambiaría por completo a xeografía do arquipélago.
Ademais dos diques para o abrigo da frota, habería baterías costeiras e, en terra, casas para os oficiais, cuarteis, almacéns, unha igrexa e catro muíños de vento situados nos outeiros”.
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIGO/documents/26620ca033.PDF (Páxina 3)
http://ferruxo.blogspot.com.es/2012/05/monasterios-medievales-de-las-islas.html
https://www.gciencia.com/historias-gc/o-proxecto-dunha-base-naval-militar-nas-illas-cies/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2189277575Lonxitude: -8.90403941274
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84