Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Francelos (Santa María Madanela)
Lugar: Francelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa de San Xes de Francelos, datada no século IX, é unha construción de planta rectangular dunha soa nave feita a base de cantería irregular na fachada e cachotería no resto. Entre eles aparecen inseridos elementos prerrománicos. Posúe teitume a dúas augas. Aínda que orixinariamente pertenceu a un antigo mosteiro medieval, hoxe en día desaparecido, na actualidade consta de diferentes partes reconstruídas que alteraron totalmente a fábrica orixinal. Esta reforma fíxose no século XVIII.
Na fachada principal, a súa parte máis destaca, podemos ver varios elementos como arco de ferradura de influencia visigótica, as columnas con capiteis corintios, a dúas escenas de carácter bíblico, e a súa celosía decorada con diversos motivos. Na parte interior ten dúas flores de oito pétalos, rodeadas por tres pequenos arcos de ferradura de distinta elaboración.
Na fachada Oeste podemos ver unha ventá rectangular con remate semicircular, cunha celosía de pétalos entrecruzados e un reborde sogueado.
O conxunto remata cunha pequena espadana, de factura posterior, dun so oco e con remate en cruz e dous pináculos nos laterais.
No interior destacan os frescos de época barroca, e o seu retablo barroco con partes policromadas.
Esta igrexa foi declarada Monumento Nacional en 1951. Nos seus arredores apareceron restos dunha necrópole medieval.
O terreo onde se sitúa esta igrexa foi cedida por Fernando II nun privilexio de 1166 ao Msteiro de Melón.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://ribadavia.es/PXOM%20RIBADAVIA/Memorias/Tomo_IV/Normativa_Urbanistica.pdf (Páxinas 220 e 221)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=4463&ctre=31
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/OURENSE/ribadavia/San%20Xes%20de%20Francelos.html
http://www.ribadavia.net/gal/patrim/igrexas/xes.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Capilla_de_San_Xes_de_Francelos
http://www.turismo-prerromanico.com/es/asturiano/monumento/san-gins-de-francelos-20130116121337/#ad-image-0
BIBLIOGRAFÍA
http://arqarqt.revistas.csic.es/index.php/arqarqt/article/view/216/336 (Online)
http://books.google.es/books?id=fd_2FOT_zlYC&pg=PA70&dq=san+gin%C3%A9s+de+francelos&hl=es&ei=QjBzTp2INMWaOvyMpbMM&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CDAQ6AEwAA#v=onepage&q=san%20gin%C3%A9s%20de%20francelos&f=false
García, Xosé Lois. “Guía románica do Ribeiro”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2766578352Lonxitude: -8.15565079451
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84