Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Carnota
Parroquia: San Clemente do Pindo
Lugar: Rego do Apio
Outra denominación do ben: Muíño do Palomar
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Típico muíño de rodicio, sinxelo e elemental, de planta rectangular de 4 x 5 metros e cos muros de cantería de granito feita con bloques de diferentes dimensións e cachotería, nos que se abre a porta de entrada como único van, ademais do necesario para dar paso á auga da canle do Rego do Apio. Sobresae da súa fachada un pousadoiro para os cestos. No interior consta de dúas estancias, cousa pouco usual nos muíños galegos, pero non neste concello. Unha é de acceso e outra para a moa. Estivo cuberta a dúas augas, posiblemente con tella curva do país. Atópase nun grave estado de abandono.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8896053116
Lonxitude: -9.13505703204
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84