Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Zas
Parroquia: Allo, O (San Pedro)
Lugar: O Allo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O fidalgo Don Gómez de Rioboo Vilardefrancos, o vello, señor das Torres do Allo, mandou construír esta igrexa renacentista, de planta de salón, situada diante do pazo. Posúe pequenas dimensións, pois organízase nunha soa nave cunha capela maior rectangular, cuberta cunha bóveda de canón corrida. Apegada ao muro norte, a sancristía, desde a que é posíbel o acceso a un púlpito, situado tamén na parte setentrional. A bóveda da sancristía é nervada, dividida en dous tramos. A nave, máis ancha, estivo na súa orixe abovedada, aínda que actualmente presenta cuberta de madeira. Un arco triunfal de medio punto permite o acceso á nave. Este arco voltéase sobre pilastras. A tribuna de madeira está no último tramo da nave, asentada sobre catro pés situados nos muros norte e sur. O acceso realízase por unha escaleira de pedra. A portada constitúe un elemento moi singular do conxunto, xa que se compón como un gran retablo, cun corpo único dividido en tres panos.
O pano central, máis ancho que os laterais, alberga a porta principal alintelada. As laterais flanquéanse mediante dous pares de columnas sobre plintos. Nos intercolumnios e coroando a parte central, albérgase o programa iconográfico humanista: Adán e Eva, alusións ao Pecado e a Humanidade; San Gabriel e a Virxe María; San Pedro e, sobre a porta sur, outro relevo que representa ao evanxelista Pablo. Acaroada ao muro sur atopámola espadana, realizada no século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND,J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ,X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas». Deputación da Coruña,1998.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1596719596104
Lonxitude: -8.936664462089538
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84