Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiña (Santa Mariña)
Lugar: Os Eidos
Outra denominación do ben: Petroglifos dos Campos. Outeiro dos Lameiros 3.
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Superficie descuberta durante os traballos arqueolóxicos do ano 2007, que incluían a prospección intensiva da zona, que deu como froito o achado desta laxe case completamente tapada por follato, terra e sobre a que vivían dous eucaliptos. A limpeza descubriu unha pedra de 4’20 x 6’40 m. sobre a que hai gravados cinco reticulados todos incompletos.
Estas insculturas enriquecen aínda máis esta zona como a de maior concentración de reticulados que se coñece en Galicia. Por outra banda pon en dúbida que sexan taboleiros de xogo, polo menos non todos xa que estes, a pesar de estaren nunha superficie horizontal, están sen rematar e chama a atención unha liña sinuosa que parte do extremo dun dos reticulados.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36003020
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://oestrymnio.blogspot.com.es/2012/10/petroglifos-de-outeiro-dos-lameiros.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0975915874
Lonxitude: -8.84016260505
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84