Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón
Parroquia: Deade (San Vicente)
Lugar: Campo de Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa do século XVI, aínda que con reformas posteriores, construída a base de cadeirado granítico irregular, agás nos laterais da fachada no que podemos ver cadeirado granítico labrado. A igrexa posúe nave rectangular con teitume a dúas augas e remate en pináculos. A capela sur e o presbiterio ten teitume a catro augas.
Na fachada podemos ver unha porta de acceso alintelada e, por riba dela, unha fiestra cadrada. As dúas aparecen enmarcadas.
A espadana ten dúas seccións. A primeira con dous ocos de arcos de medio punto, e a segunda dun só oco con arco de medio punto, e pináculos nos laterais.
No interior da igrexa podemos ver varios retablos policromados neoclásicos, obra de Joaquín Cortiñas, no ano 1851; un retablo barroco do século XVIII, e unha escultura do seculo XVII coa imaxe de San Antón.
No piso existen dous sepulcros con inscrición e escudo.

A capela acaroada á fachada sur pertenceu á Casa de Maside. No interior destaca varias imaxes dos séculos XVII que se engadiron ao retablo barroco do século XVII. Na sancristía se garda unha cruz procesional de plata do século XVII.

Esta igrexa de Deade xa aparece referenciada en documentos do ano 1251.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/03/16/tanquian-casebio-tierras-hidalgas-panton/0003_201403M16C5991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4981313794
Lonxitude: -7.62436419725
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84