Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiña
Lugar: Os Eidos
Outra denominación do ben: Petroglifos dos Campos. Outeiro dos Lameiros 7.
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Esta superficie descubriuse no ano 1984 tapada por ramallada de eucaliptos. E un afloramento granítico alombado e alargado de máis de cinco metros de longo por dous de ancho. Os traballos de prospección e limpeza do ano 2007 fixéronnos coñecer máis gravados á dereita deste afloramento (ollando desde o lugar de colocación do cartel) onde hai circos inacabados, coviñas e un reticulado mal conservado.
A parte principal conserva figuras abstractas como son circos, coviñas e liñas que comunican os distintos motivos.
Pertencen á arte abstracta aquelas figuras que non identificamos con nada real, con ningún obxecto ou animal que coñezamos. As figuras deste P17 son figuras xeométricas. Se son puntos chamámolas coviñas, outras identificámolas con circunferencias pero ignoramos o obxecto, o animal ou quizais a idea que os homes e/ou mulleres que gravaron este panel quixeron expresar.
Á dereita e na zona máis avultada temos a figura máis complexa e destacada polo seu emprazamento e por ter o
suco máis ancho e profundo. Todo o resto da superficie está ocupada por circos concéntricos, por un circo que contén máis de dúas ducias de puntiños (microcoviñas) no seu interior ou á esquerda de todo con coviñas gravadas entre dous circos concéntricos.
As mellores horas do día para ollar este petróglifo son as da saída ou as da caída do sol que por proxectar a luz máis rasante provoca sombras dos sucos gravados e fanse os gravados máis evidentes.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36003024
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://oestrymnio.blogspot.com.es/2012/10/petroglifos-de-outeiro-dos-lameiros.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0969645658
Lonxitude: -8.83968584239
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84