Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Dodro
Parroquia: Dodro (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben: Pazo do Anxo da Garda
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio de grandes dimensións de estilo barroco, con planta en forma de U e con fachada simétrica. Muros de perpiaño de pedra e teitume con cuberta de tella. Porta de entrada alintelada á que sigue unha ventá, na planta superior, que remata por enriba en cornixa saínte na que asenta un escudo episcopal. Estes elementos marcan o eixo central da fachada que leva a cada lado vans con molduras nos seus marcos. No segundo andar leva dúas ventás a cada lado con dous pequenos balcóns que contribúen a traza de simetría. O brazo dereito da construción e máis amplo co esquerdo, no que se atopa a capela coa advocación do Anxo da Garda, que se adiviña polo seu campanil situado no beirado do tellado. Amplo patio de entrada, flanqueado polos muros de pedra dos alpendres e dependencias anexas ao pazo, no que se asenta unha fonte coa estatua do apóstolo Santiago na cima.
Foi construído no século XVI pola familia Queiruga e pasou posteriormente a mans da Igrexa, que o usou como sede vacacional da curia compostelá. Despois da súa restauración está convertido nun establecemento hosteleiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA516.JPG


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7331754467
Lonxitude: -8.66634607315
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84