Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Dodro
Parroquia: Dodro (Santa María)
Lugar: Lestrobe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro sitúase nun esporón de ladeira, nas estribacións do Monte de San Gregorio cara o val do río Ulla. No plano do pxom do Concello de Dodro, o lugar está sinalado como Monte da Pena. Está a unha altitude de 88 m. e uns 200 m. ao noroeste do lugar de Lestrobe. Cara o oeste deste asentamento está o Castelo de Vilar. As súas medidas na croa son duns 70 metros de diámetro, e engadindo a lonxitude dos foxos podería acadar un total de recinto duns 120. Pola zona norte pódense adiviñar restos de foxos e contrafoxos. Está atravesado por unha pista que se denomina o “camiño do castro” e adicado a labores forestais.
Apareceron nel restos de cerámica e un muíño, que segundo a ficha elaborada no pxom apuntan a unha datación do século I-II a.C.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15033021
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA121.JPG
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.734830343Lonxitude: -8.67433905602
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Nov 26, 2014
Neste plano de pendentes do CDIX 2009, se nos fixamos, podemos ver entre outras cousas, o castro de Lestrobe, o castro do Barco, en Padrón, na esquina inferior dereita, a carón do Ulla. Tamén o gran foso de forma circular do que fora a Fortaleza da Rocha Branc,a na esquina superior dereita. O Castelo de Vilar pasa case desapercibido, pero está a 400 m. cara o oeste, despois do trazado do gasoducto
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0120A-0505.pdf
Oscar Franco says:
Abr 19, 2021
Unha nova corta forestal ilegal derruba parte dos muros deste castro. Así o recolle a prensa dixital de 13 de abril de 2021:
https://historiadegalicia.gal/2021/04/unha-nova-corta-forestal-ilegal-acaba-esta-vez-co-derrube-de-muros-nun-castro-de-dodro/