Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Padrón
Parroquia: Iria Flavia (Santa María)
Lugar: O Barco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro do Barco atópase a 120 metros ao norte do leito do Ulla, e a 1,5 Km. da súa confluencia co río Sar. Está a unha altitude de 43 metros. Ten un espazo habitacional de forma redondeada e de superficie chan, cunhas medidas no seus eixos maior e menor de 150 por 120 metros, o que conforma unha superficie de 1,8 hectáreas e o converten nun dos xacementos máis extensos da zona. Está delimitado por un terraplén e un foso, que foi recortado pola estrada que vai ao lugar do Barco, e tería unha medidas de 3 metros de fondo por 8 de ancho. Ten unha entrada pola zona nordés, onde se poden apreciar ben a magnitude das súas defensas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADRON/documents/0304CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Segundo podemos ler na ficha de Bens Arqueolóxicos do pxom do concello de Padrón do 1994 . “.. O sistema defensivo do castro, pola banda sur e leste, foi recentemente desmantelado polas obras de construción da autoestrada AP-9. Este sector sufrira anteriormente algunhas modificacións coa construción da estrada que vai a Barco. No recinto habitacional hai un depósito de augas e un pequeno desmonte. O terraplén está cortado en dous puntos por senllas pistas que dan acceso a croa. Hai unha vivenda cos seus anexos que afecta ao terraplén e ao foxo polo SW, onde tamén existe unha torreta de tendido eléctrico”.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADRON/documents/0304CA001.PDF


Onde está localizado

Latitude: 42.7322297718
Lonxitude: -8.64965200424
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84