Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Padrón
Parroquia: Iria Flavia (Santa María)
Lugar: Arretén
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:

O recinto fortificado ten unha extensión aproximada de 110 metros no seu eixo norte-sur e uns 35 leste-oeste, estas medidas foron calculadas por ortofoto. Está delimitado por un terraplén e un foxo, e o espazo habitacional ten forma oval. A ficha do pxom adscríbeo á tipoloxía cultural da idade do ferro e medieval. Está nun monte de acusadas pendentes e a unha altitude de 178 metros. Sitúase a 800 metros ao leste da Rocha Branca e a 1 Km. da parroquial de Iria. Na foto secundaria da ficha podemos ver o recinto na parte inferior dereita e o foxo circular da Rocha Branca na superior dereita.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15065004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADRON/documents/0304CA001.PDF pax. 4
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADRON/documents/0304NO004.pdf pax. 1


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.741544041
Lonxitude: -8.64106893539
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84