Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Moaña
Parroquia: Meira (Santa Eulalia)
Lugar: O Pombal
Outra denominación do ben: Outeiro da Grela
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Torre de Meira foi unha construción situada nun promontorio de 92 m2, situado a 140 m de altitude.
O que hoxe en día podemos ver neste lugar son os cimentos moi alterados dunha construción de época medieval situados a uns 140 metros de altitude. O conxunto, escavado no ano 1976, estaba composto dunha torre de vixilancia de sección cadrada de 5,9 x 7 metros feita a base de cadeirado granítico, un patio de armas, unha muralla e un foxo.

A Torre de Meira pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares. A súa ocupación data do século XV. A metade da Torre foi derrubada durante as segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469). Finalmente sería destruída ata a base no ano 1476 polo señor feudal Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga).

No lugar atopouse material cerámico, metálico e osos, todos eles depositados no Museo de Pontevedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36029029
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

O lugar rexistra varias lendas e tradicións orais:

* No castelo existe unha cova con dúas olas. Unha chea de ouro e outra de veneno. A cova era poseedora dun encanto que decía: “Entrarás e non voltarás”. Se alguén era capaz de entrar e coller unha ola podían suceder dúas cousas: Se a ola era de ouro quedaría rico, pero se colle a de veneno morrería.

* Cáseque no alto da torre, hacia o sur, había unha porta entre dúas pedras. Hai uns sesenta anos foron tres homes co libro de S. Ciprián e mentras un deles collía o libro ó reves leíao en voz alta, os outros dous, sentiron un ruido como se fora unha ringleira de carros. Un dos que cavaban dixo: -¡Válgame Deus, xa veñen os carros pra enchelos de ouro! E, o pronunciar a palabra “Deus”, desaparecen todo ouro (1974).

* Baixaban uns homes o pé do Castelo cando miraron unhas galiñas con pitos piando. Un dos homes foi a collelos pensando que serían dalgunha casa de Meira de Arriba e ó ter un pito na man convertíuse-lle en ouro. Asombrado, tratou de collelos e escapáronlle todos.

* Na torre seica tivo lugar unha batalla. Na illa de San Bartolameu había unha fortaleza que defendían os da torre cando vían chegar piratas. Unha vez, o conde de Tirán estaba en guerra co de Meira e os soldados destruironlle a torre que segue en ruinas. (Rfa. Benedicto Boubeta Santomé. 60 anos Colexio de Abelendo).

* Vivía no monte un matrimonio de mouros. Cando a moura estaba a punto de ter un fillo, o home saiu urgentemente a buscar a parturenta. Esta ó chegar a súa casa, asustouse. Pero a pesares de todo conseguiron un bo parto. Xa rematado, o mouro quíxo-lle pagar e a parturenta non llo aceptou, quixo facelo gratuitamente. Entón o mouro díxolle. “Eiquí ten este tronco, cando queira algo, veña a co-llelo que é unha gran tesouro”. (Segundo o informante a moura chámase Olga e o seu home Xan. Tiveron unha nena que foi bautizada en Meira) 1974.

* Na torre viviron os mouros e comunicáron-se co monte Paralaia por unha cova que foi cortada ó facer a carretera da Fraga.

* Na chan das Corredouras estaba a entrada dun túnel que comunicaba co Castelo. Por alí saían os mouros para facer instrución.

* No castelo dos mouros, había unha mina que comunicaba coa Paralaia e ían os mouros por ela. Din que os mouros deixaron ouro e prata no castelo encantado. En tempos antigos entrou un mozo na mina e desapareceu. Para desencantalo hai que ler o libro de San Ciprián ó reves. (Rfa. Maria Costa Rúa. 72 anos. Colexio Reibón,1986)

* Di que os mouros deixaron os tesouros na Cova e na mañán de San Xoán saían unhas fadas que se sentaban a peitearse con peites dourados sobre unha manta brillante. (Rfa. de Mª Bermúdez O Campo. 77 anos. Colexio de Reibón. – Tamén apuntou que o axuntamento estaba no barrio dos Carballos. Refírese ó axuntamento constitucional de 1836).

* No castelo que estiveron os mouros hai unha porta de pedra que garda un tesouro. A porta foise enterrando co curso do tempo. Pódese abrir lendo un libro o revés que ninguén sabe quen o ten. Un vello afirmou telo nas súas mans e ensinoullo a un amigo e léndoo ó revés como decía a tradición, a xente andaba cos pés para arriba. (Rfa. Colexio de Reibón, 1986)


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOANA/documents/0824CA002.PDF (Páxina 13)
http://oparaisoexistevenomorrazo.blogspot.com.es/2012/10/torre-de-meira-moana.html
http://bibliomoana.blogspot.com.es/2012/06/lendas-de-moana-por-xose-carlos.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2988256676
Lonxitude: -8.7223264575
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84