Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Moaña
Parroquia: Moaña (San Martiño e Virxe do Carme)
Lugar: Sabaceda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto que nace sobre seis chanzos parcialmente recortados. A súa base é cubica coas arestas rebaixadas.
O seu varal octogonal da paso a un capitel moi decorado con colar, catro cabezas de anxo e guirnaldas de palma.
A cruz, de sección cilíndrica con vultos que simulan nós, posúe as imaxes de Cristo baixo cartela de INRI no anverso, e figura da Virxe cos sete puñais no reverso.
Este cruceiro conserva resto de policromía. Foi pintado pola veciñanza na segunda mitade do século XX.

O peto de ánimas atópase ao carón do cruceiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Este cruceiro posuía un curioso aparello de madeira ao que lle adaptou cordeis, co obxecto de instalalo neste cruceiro para poder subir os farois ata a mesma cruz e logo baixalos, sen ter que acudir ao emprego dunha escaleira. Dese aparello, construído a comezos do século XX por un ebanista do lugar de Xalde (na parroquia de San martiño de Moaña), aínda quedan restos.


Tradición oral:

A xente do lugar relaciona este Cristo coa cruz de madeira que existe enriba do Monte Paralaia, a varios quilómetros.

Existen varias historias que fan referencia á construción deste cruceiro:
* Este cruceiro foi mandado construir por un familiar de Dores Martínez, nai do antigo zapateiro de Sabacedo, José Boubeta Martínez, por unha promesa que fixo para que se curase o seu fillo dunha grave doenza a finais do século XIX.
Despois de que o mandasen construír, o terreo foi vendido a Manuel Freire, dono da granxa, quen, cedeu un anaco do mesmo para que o cruceiro quedase no lugar público onde se atopa na actualidade.

* “Soupemos que o mandóu facer un tal Manoel Euxenio da familia dos Freires de Sabaceda cunha doble finalidade: cumpli-la promesa que fixera ante un mal que superóu e facer perpetuá-la Fe entre os veciños do lugar.”


Historia recente do ben:

O cruceiro foi desmontado no mes de setembro de 2022 para recuperar a súa policromía orixinal (ver referencias bibliográficas)


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.concellodemoana.org/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=26 (Ficha de arqueoloxía nº 71. PXOM ano 2010)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOANA/documents/0824CA007.PDF (Páxina 9)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602904.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=17998&ctre=55&langId=gl_ES

https://galego.farodevigo.es/o-morrazo/2021/02/24/carro-pide-proyecto-restaurar-cruceiro-35389993.html
https://galego.farodevigo.es/o-morrazo/2022/09/04/moana-desmonta-cruceiro-sabaceda-recuperar-74994970.amp.html
https://galego.farodevigo.es/o-morrazo/2023/05/27/cruceiro-sabaceda-moana-87937691.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
IGLESIAS GONZÁLEZ, Jaime. (1981). Cruceiros do concello de Moaña. EL MUSEO DE PONTEVEDRA, XXXV.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2924890276
Lonxitude: -8.74268308282
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84