
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña
Outra denominación do ben: Batería de San Antón
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Sobre un pequeno illote, na ría da Coruña, edificouse a finais da Idade Media unha capela dedicada a San Antón, na que se recollía ós navegantes aqueixados do mal gangrenoso “Lume de San Antón”. Este illote foi máis tarde utilizado como lazareto, lugar de confinamento dos viaxeiros sospeitosos de padecer lepra.
As obras de construcción do castelo de San Antón comenzaron en 1587, como indica unha inscripción situada xunto ó escudo do marqués de Cerralbo na portada da fortaleza. Durante o ataque inglés de Francis Drake en 1589, o castelo que estaba en fase de construcción defendeu eficazmente coa súa artillería a muralla da cidade. O rei Felipe II ordeou que se rematara o forte, sendo gobernador o Marqués de Cerralbo e baixo a dirección do enxeñeiro Rodríguez Muñiz e recomendacións de Tiburcio Espanochi.
A planta do castelo responde a un mellor aproveitamento da illa (alongada) sobre á que está situada.Na súa parte Leste, a que se adianta cara a boca da enseada, proxectouse e realizouse a auténtica plataforma artilleira. En forma de estrela de seis puntas, pretendía xogar a artillería cubrindo tódolos ángulos; no centro da illa unha praza de armas e ó Oeste unha especie de tenaza.
Tra-lo ataque de 1638, no que a escadra francesa asediou a cidade, a bahía coruñesa quedou protexida polos fogos cruzados dos castelos de San Antón e San Diego, hoxe desaparecido. Tras este ataque o marqués de Valparaíso propuxo a Felipe IV a reforma da fortificación, que concluiría no século XVIII, cando o enxeñeiro Antonio López Sopeña deseñou un palacete en estilo neoclásico,composto de dous andares, a inferior era a destinada a servir de cuartel e a superior, dividida entre dúas vivendas e a capela neoclásica no eixo da composición do edificio adicada á Virxe do Rosario, patroa da cidade. A cuberta do edificio accédese a través dunha estreita escaleira de caracol. No século XX uniuse a terra, deixando de ser unha illa. En 1960 o ministerio do Exército cedeuno á Casa do Concello, tras unha longa etapa como prisión militar. En 1964 convertiuse en Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.
Dende un punto de vista artístico e monumental, o Castelo de San Antón, constitúe unha peza de singular beleza, polo seu volume emerxente do mar e rocha na que se asenta.Pódese dicir ou considerar a obra máis representativa da arquitectura militar galega do século XVI, a pesares das modificacións posteriores. Hoxe moi ben restaurado e exento de edificacións que lle resten a vista, é un recinto perfecto para o museo alí instalado.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRÍGUEZ-VILLANTE PRIETO, J.A.: “Las defensas de Galicia”, Edicións do Castro,1984.
SORALUCE BLOND, J.R.: “Castillos y Fortificaciones de Galicia”, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa,1985.
SORALUCE BLOND, J.R.; “O Castelo de San Antón”, Monografías nº1, Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, 1984.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3657653078Lonxitude: -8.38777184486
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
adela suma says:
Out 6, 2011
Coma información adicional, enlazar a ficha (nº 17) do
Castelo de San Antón no PXOM vixente na actualidade na Coruña:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACORUNA/documents/0152CA003.pdf
adela suma says:
Out 6, 2011
O Castelo é un dos catro castelos que protexían a bahía e porto da Coruña: o devandito Castelo de San Antón, o Castelo de San Amaro e o Castelo de San Diego no concello da Coruña, e o Castelo de Santa Cruz no concello de Oleiros.
Os Castelos de San Diego e San Amaro xa non existen: foron derribados nos anos 60, coa excusa de ser ruínas e necesitar os terreos para a construcción de vivendas (recordemos que todos os castelos están protexidos dende 1949).
JorgeMeilan says:
Out 6, 2011
Só lle engadiría, en canto a bibliografía, o monográfico que lle adicou o Museo Arqueolóxico:
SORALUCE BLOND,X.R.;(1984), O Castelo de San Antón, Monografías nº1, Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña
Xunto ós que menciona Adela Suma, o Castelo de Oza (ca.1639) e o Forte de Valparaíso (actual Eirís) axudaban a defende-la cidade da Coruña; o de Oza mantense no lugar, mentres que Valparaíso é unha morea de pedras no medio dun parque.
candepalleiro says:
Out 7, 2011
Podedes engadir ao sistema defensivo da badía da Coruña as baterías artilleras da punta do Faro de Mera (oleiros), -localizadas-, e unha vaga referencia á presenza de trincheiras, parapetos e outras estruturas na península da Torre de Hércules, quizais algunhas baixo o cemiterio Moro e a cetárea que hoxe é o Acuario da Coruña…
elixiovieites says:
Mar 23, 2016
3D do Castelo de San Antón na Coruña, realizado en Geomati-K Ingeniería.
https://sketchfab.com/models/ba4344532d9e445193cc15b411b16a25
Oscar Franco says:
Abr 7, 2019
O castelo na prensa dixital do 17 de marzo de 2019:
https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/abandono-municipal-castillo-san-anton-deja-edificio-deteriorado-contenido-actualizar/20190316210548400595.html