
Outra fotografía:

Tipo de ben: Camposanto,
Concello: Camariñas
Parroquia: Camariñas (San Xurxo)
Lugar: Porto do Trigo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O Cemiterio dos Ingleses é un recinto cuadrangular de aproximadamente 500 metros cadrados. Pechado cun muro de cachotaría, posúe dúas portas de acceso. No seu interior posúe outro pequeno espazo pechado, cuadrangular, coa mesma tipoloxía de paredes. A súa construción decídese a raíz do desastre do cruceiro-torpedeiro “Serpent”, no que morreron 172 persoas das 175 que levaba a bordo. Daríaselles así sepultura decorosa e conveniente aos falecidos, a pesares de seren ingleses e, a maioría, non católicos. Por este motivo, o cura da vila de Camariñas negárase a darlle consagramento e cerimonias fúnebres ao cemiterio. Quen si o fixo foi o cura da veciña parroquia de Santa María Xaviña, o Sr. Carreras Fábregas. Ás dez da mañá do domingo 23 de novembro de 1890, o párroco foi coa dotación inglesa a bordo da goleta Lapwing, co seu Comandante e co Cónsul Xeral da Coruña, chegando ao cemiterio ás doce e media. Á unha empezaron as cerimonias fúnebres para os 111 finados que o mar arroxou a terra, dos 172 que morreron alí. Os tres que lograron salvarse chamábanse Bourton, Gould e Luxon.
No ano 1990, con motivo do centenario do afundimento, realizouse a restauración do cemiterio que estaba en moi malas condicións, e descubriuse un monolito na honra a tódolos náufragos da Costa da Morte.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
http://www.camarinas.net/pxom/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_IV/M_Catalogo.pdf (p. 94)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.18592697035663Lonxitude: -9.170064926147461
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 6, 2017
Nova do 4 de marzo de 2017:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/camarinas/2017/03/04/muertos-serpent-piden-vida/0003_201703C4C2993.htm