Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: O Picón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro presenta un único recinto de 73 x 50 m. nos eixos E-W e N-S e está rodeado en todo o seu perímetro por unha muralla de altura variable, sendo moito máis outa no lado W e moito máis pequena no lado E, cecais pola construción dun camiño que pasa por esta zona do castro. Os lados W e W probablemente tivesen tamén como medidas defensivas un foxo,
aínda que hoxe en día xa é difícil rastrexar a súa existencia. Dentro da superficie do castro e con orientación E aparecen unha serie de aterrazados internos, aínda que é difícil precisar se son aterrazamentos actuais ou se pertencen á estrutura do castro; a súa altura é aproximadamente de 1,2 m.
O castro atópase ben conservado salvo no seu lado W, onde foi seccionado por un camiño, non sendo perfectamente delimitable por este lado o seu perímetro.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36048006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodorosal.es/urbanismo/Memorias/MOrdenacion/TOMOV/Catalogo.pdf

página 384


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9555806842
Lonxitude: -8.83588314056
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84