Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Nigrán
Parroquia: Priegue (San Mamede)
Lugar: As Rexas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo de planta irregular e tres alturas do ano 1693. Posúe vans rectangulares sinxelos. Na súa fachada destaca unha ventá facendo esquina e un escudo nobiliario. A casa foi reformada considerablemente perdendo as súas partes máis características.

O conxunto atópase rodeado por un muro de cachotería. No interior da finca de 30.000 m2 podemos ver unha capela (baixo a advocación de San Xoán Evanxelista), unha bodega, un hórreo, un pilón e dúas minas de auga. A capela ten entrada con arco de medio punto, e sobre a clave aparece un escudo. Remata a fachada por unha espadana rematada á súa vez por unha cruz de pedra.

O Pazo e Morgado de Lamelas foi mandado construír polos irmáns Juan, Gregorio e Manuel de Puga e Armida, abade da parroquia limítrofe de Chaín.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NIGRAN/documents/0844CA001.PDF
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=9413&ctre=36
http://www.casashistoricas.com/catalogo/galicia/vg_pontevedra_plamelas.htm
http://www.vigoenfotos.com/nigran/pazos.html
https://es-es.facebook.com/pages/Pazo-lamelas/174062966127655

BIBLIOGRAFÍA
Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor” Depuatción de Pontevedra. 2012.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1621992802
Lonxitude: -8.80002737045
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84