Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Padrón / Sar (comarca)
Parroquia: Carcacía (San Pedro)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta rectangular, máis ampla na zona da cabeceira, muros de sillería de granito, tellado a dúas aguas e cuberta de tella. Na fachada a porta principal vai decorada nas xambas. Esta aparece con orelleiras cadradas de baquetóns superpostos que enmarcan a porta, flanqueada por pilastras caixeadas que sosteñen unha moldura doble que fai as veces de entaboamento. A cornixa sobresae máis notablemente e sobre ela descansan dous pináculos nas esquinas e unha fornela con teito de bóveda en forma de cuncha de vieira, e flanqueda por pilastras onde vemos a figura de San Pedro. Enriba dela unha ventá cadrada da luz ao interior do templo. No cume da fachada hai unha pequena cruz de pedra e na esquina superior esquerda un pináculo de bóla. A torre do campanario elévase no lado dereito sobre unha base con adorno de cornixa voada con pináculos nas esquinas. Corpo principal con catro vans rematados en arco de medio punto para aloxar as campás. Superposto a este aparece un pequeno corpo de planta octogonal no que se apoia unha cúpula que acaba en pináculo de bóla.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7531100687Lonxitude: -8.60879659653
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84