Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cangas
Parroquia: Darbo (Santa María)
Lugar: O Seixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa parroquial de Darbo é un templo de estilo barroco do século XVII-XVIII. Érguese sobre os alicerces dunha igrexa anterior, queimada durante o asalto turco a Cangas en 1617. As obras comezaron poucos anos despois, e remataron en 1733.

A igrexa, de volumes modestos pero moi harmónicamente dispostos, ten pranta de cruz latina, con brazos pouco desenvoltos e capela maior rectangular, todo cuberto con bóveda de canón. A fachada organízase de forma simétrica, flanqueada por dúas torres de sinos, de sección cadrada, rematadas por cupuliñas. No centro ábrese a portada, enmarcada por pilastras que sosteñen un entaboamento con decoración de placas e elementos vexetais, coroado por dúas grandes volutas, con piña no centro. Sobre ela, nun nicho, hai unha representación da Virxe. coroada por unha vieira, no centro do frontón semicircular (aínda que graciosamente irregular). A un lado e outro ábrense fiestras de forma lobulada. Remata a composición unha gran cruz de pedra sobre unha base labrada con volutas.

A organización da fachada e os seus elementos decorativos téñense posto en relación co barroco colonial americano. Na fábrica da igrexa traballou o mestre canteiro Esteban de Sobreira, natural da parroquia do Hío, quen dispuxo elementos decorativos moi característicos coma os pináculos en forma de corno helicoidal, que tamén usou na reforma barroca da igrexa de San Martiño de Moaña.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior destaca a imaxe da Nosa Señora do Rosario, patroa da igrexa, talla realizada no século XVIII por Diego de Sendón, escultor natural de Baiona.


Tradición oral:

Cóntase que durante a construcción da igrexa, por obra de encantamento, todo o que os canteiros facían durante o día era misteriosamente desfeito durante a noite, o que causaba gran abraio e malestar entre os operarios. Ata que observaron a presenza dunha pomba que día tras día se pousaban no mesmo lugar. Os canteiros interpretaron isto como un sinal do ceo, e mudaron a igrexa ao lugar onde a pomba indicaba, co que se acabou o encantamento e puideron finalizar as obras.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.262735458157415
Lonxitude: -8.80160853266716
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84