
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Brión
Parroquia: Bastavales (San Xulián)
Lugar: Soigrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificio de cruz latina e unha única nave cuberta con bóveda de canón. A fachada é dun só corpo e seguiuse a orde toscana do estilo neoclásico. Na fachada hai unha imaxe do patrón da parroquia enmarcado por un cadrado e un florón a cada lado. O elemento máis vistoso do edificio é a torre das campás, feita despois de rematarse o templo. Con catro corpos superpostos, un primeiro liso que chega a altura do tellado, un segundo que acolle o corpo principal de campás e no que se sitúa unha balaustrada, un terceiro de planta e volume menor e un cuarto octogonal con oito vanos e rematado nunha cúpula con pináculo. Foi levantada en 1827, e a ela glosou Rosalía de Castro un dos seus máis famosos poemas: Campás de Bastavales. A igrexa está rodeada por un fermoso adro con cadeirado petreo que pecha o recinto. Entre 1864 e 1932 fóronselle engadindo a fonte, cruceiros e escalinata. Ao conxunto hai que engadir a Capela do Carmen que se atopa nas inmediacións e a casa reitoral. O adro é o mellor miradoiro de todo o val da Amaía.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Brión, Historia Economía Cultura Arte Clodio Gonzalez Pérez
ISBN 84-89129-09-6 Ed. Toxosoutos
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA007.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.82434162582362Lonxitude: -8.670412302017212
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84