Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Salcedo (San Martiño)
Lugar: A Carballeira
Outra denominación do ben: Cruceiro de ánimas da Carballeira
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1802 que nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cúbica coa parte superior moldurada soporta un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas no que destacan unhas imaxes de San Martín e Santa Rita na parte dianteira, e San Francisco e a Virxe das Dores na parte traseira.
O capitel de estilo xónico posúe volutas, follas de acanto e querubíns nos seus catro lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección circular no que aparecen as imaxes de Cristo crucificado e aos seus pés figura a imaxe de Xosé de Arimatea recollendo nun cáliz o sangue que mana da ferida de lanza que o nazareno presenta no seu costado.
No reverso da cruz aparece unha Virxe de pé sobre unha peaña con forma de lúa e dous anxos.

O cruceiro posúe un epígrafe na parte traseira que di o seguinte:
“A DEVOCION DE
LOPE PRIETO
Y SU MUGER BER
NARDA ALVARES
AÑO 1802”.
O epígrafe da parte dianteira está moi erosionado e non é lexible.

Foi restaurado e reconstruído pola Escola de canteiros de Poio no ano 1997, despois de que fora esnaquizado polas obras de ampliación da N-550.

Este cruceiro de ánimas aparece debuxado no libro “As cruces de pedra na Galiza” (1949) de Castelao.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/cruceiro-do-palacio/
https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2012/10/07/salcedo-e-a-copa-da-ultima-cea/
https://cruceirosdegalicia.xyz/360381201.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Xuntanza Editorial.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4044470977
Lonxitude: -8.63979890943
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84