Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Camariñas / Terra de Soneira (comarca)
Parroquia: Camelle
Lugar: Camelle
Outra denominación do ben: Casa do Alemán de Camelle
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Nun apartado e remoto recuncho da Costa da Morte, como era daquela Camelle, Manfred Gnädinger decidiu recluírse na soidade logo dunha historia de amor non correspondido. Deste xeito comeza a romántica historia de como naceu o espectacular museo natural do alemán de Camelle.
“Man”, como era coñecido, naceu en 1936 en Radolfzell (Alemaña). Chegou a este pequeno lugar de pescadores e percebeiros en maio de 1961 traxeado e impecable, onde o acolleu un matrimonio dunha alsaciana cun camellán. Viviu nunha casa deles durante dez anos, dende onde enviaba pinturas e traballos artísticos ata Alemaña.
O cambio trascendental na súa vida produciríase cando namorou dunha mestra da comarca, amor non correspondido por ela. Isto fixo que decidira recluírse na soidade. E así, dende comezos dos 70 ata o final dos seus días viviu nun pequeno habitáculo na Alta de Camelle, onde rompen as ondas e o vento. Alí comeza unha nova vida, sen traxes nin gravatas, soamente vestido cun taparrabos.
A súa residencia convertirase nunha espectacular obra de arte onde os croios ou bolos cobran un especial protagonismo. Creaba ondas, cadeas, torres e outras formas coas pedras e tamén con ósos de animais (sobre todo mariños), como vértebras de cetáceos e algunha caveira de cabalo ou burro ou mesmo raíces de árbores. O seu amor polo medio ambiente era tal que decidiu ser vexetariano e nun futuro vivir soamente con enerxía solar.
Tamén pintaría con círculos de cores a súa vivenda, os pinchóns das casas próximas e mesmo os penedos dos montes e a costa que o rodea. Que simbolizaba isto? O círculo como orixe de todo.
Pronto o alemán de Camelle comezará a ser famoso e o principal atractivo turístico do lugar, facendo que o seu ascetismo sexa algo cada vez máis complicado de manter. Para visitar o museo cobraba a simbólica cantidade de 100 pesetas e quería que cada visitante deixase debuxado nun caderno o que sentira na visita.
No 2002 a marea negra provocada polo afundimento do petroleiro Prestige manchou toda a obra de Man. O amante da natureza non puido resistir o desastre e ter que convivir co chapapote. O día 28 de decembro de 2002 Manfred morreu de mágoa. Converteuse así na primeira vítima mortal do Prestige e en todo un símbolo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo

http://www.camarinas.net/pxom/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_IV/M_Catalogo.pdf (p 74)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O legado do artista alemán Man estase pudrindo no esquecemento. O teito da súa casa caeu e o resto está no máis completo abandono.

Manfred, no seu testamento, cedera a súa obra ao Estado. Estes dereitos fóronlle concedidos ao Concello de Camariñas. Xa que logo, sería o concello xunto coa Fundación Man (presidida polo alcalde) o que debería mirar por que non desapareza este museo.


Onde está localizado

Latitude: 43.18834416417301
Lonxitude: -9.089512825012207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84