Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Salto
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fortificación que comprende unha área de catro hectáreas na zona superior do Monte de San Bartolomeu (400 metros de altura). Comprende dúas liñas de murallas que tenden lenzos entre os numerosos batolitos do alto do monte, especialmente naquelas zonas máis desprotexidas. A liña exterior ten un perímetro de 775 metros e, na zona sur, desenvolve unha terraza que contén un manantial de auga coñecido como “a fonte do santo”. A liña interior é un recinto tendente a cuadrangular con esquinas redondeadas.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Existe unha capela chamada “San Bartolomeu de Salto”, xa catalogada en patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/index.php/5322/2011/09/san-bartolomeu-de-salto/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

As zonas norte e leste da fortificación foron moi afectadas nos anos 70 e 80 por descoñecemento da existencia do sitio arqueolóxico. Na zona norte, a pista de acceso desmontou boa parte das dúas murallas que protexían este flanco, o máis vulnerable, do monte. Na zona leste, os traballos forestais están a afectar ás murallas.


Onde está localizado

Latitude: 43.1049935816
Lonxitude: -9.01252269745
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84