
Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Redondela
Parroquia: Cesantes (San Pedro)
Lugar: San Pedro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
No monte da Telleira existíu un complexo fabril vinculado á fabricación de produtos de terras cocidas para a construción, nomeadamente tellas e tixolos, dende o século XVIII ata o ano 1939.
No lugar chegou a haber sete fornos, dos que hoxe so se conservan catro deles, ademáis de varias pías e pozos para coller xabre, xunto con os restos doutras construción auxiliares.
No momento da máxima actividade as telleiras producían trinta e cinco mil tellas e cinco mil tixolos en cada xeira ou fornada, que duraba entre seis e oito días.
As telleiras de Redondela relaciónanse coas de O Rosal por parentesco dos seus donos e herdeiros (a fundadora desta industria en Redondela foi a familia Salcidos no séc. XVIII).
As telleiras primitivas traballaban de maneira preferente nos meses de menos chuvias, entre xuño e outubro.
No ano 2008 o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy deixou ó descuberto os restos destes fornos, organizando unha xornada na que se mostrou como se fabricaban antigamente as tellas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://anecdotarioredondelan.jimdo.com/que-ver/a-telleira/
http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/184
http://www.estudoslocais.org/
http://www.farodevigo.es/comarcas/2008/10/19/telleira-vuelve-vida/267217.html
http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/05/12/cesantes-propone-crear-ruta-cultural/1238090.html
http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/12/01/telleira-quiere-salir-olvido/1360733.html
http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/02/07/cesantes-quiere-recuperar-atractivo-ruinas/1618661.html
BIBLIOGRAFÍA
MÍGUEZ, Lola. (2018). Parroquias de Redondela. Cesantes. Ed: Servizo de Normalización Lingüística – Concello de Redondela (en liña: http://redondela.gal/album/NORMALIZACI%C3%93N/Libros%20parroquias%202022/cesantes.pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2903201902Lonxitude: -8.61974537373
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84