Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Verín
Parroquia: Feces de Abaixo (Santa María)
Lugar: Feces de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial do século XVII cunha entrada lateral moito máis antiga, con pedra diferente e grandes doelas. Nave rectangular con cuberta a dúas augas e presbiterio máis elevado e flanqueado por catro pináculos. Ten acaroada unha sancristía no lado norte que sobresae da planta do edificio. A fachada ten unha porta de arco de medio punto con grandes doelas, tamén, e na cimeira ten unha espadana de dobre oco, coroada por unha cruz latina de pedra e flanqueada por pináculos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Unha pía bautismal máis vella que a igrexa, fóra da mesma, facendo de testo.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca002.PDF
(pax 43 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8140583477
Lonxitude: -7.41929054261
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84