
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Lourizán (Santo André)
Lugar: A Igrexa - Lourizán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
No século XV este predio foi habilitado como “granxa” e desta época conserva o pombal ameado de planta circular. Foise logo adaptando aos tempos e converteuse en casa residencial e lugar de veraneo, cando residiu nela Eugenio Montero Ríos.
O edificio do pazo é de aire romántico e foi obra de Genaro de la Fuente Domínguez. É de grande tamaño, elegante e maxestoso. Accédese por unha escaleira de pedra de corte imperial custodiada por estatuas que representan virtudes, valores e devocións. A parte central está realzada por un brasón e un reloxo, no lugar do escudo que locen os pazos galegos. Na parte inferior hai un balcón e unha terraza que fai de miradoiro e embaixo unha gruta escondida tras as ramaxes.
Accédese ao interior a través dunha porta sinxela que ten impresas no vidro as iniciais maiúsculas dos seus antigos donos, “E e A”, “Eugenio e Avelina”. O edificio conta con dúas ás laterais, máis lixeiras. As columnas, os balcóns e os ornamentos mostran recursos clasicistas. Na parte superior, unha terraza ocupa unha extensión importante.
Actualmente está integrado na estrutura do Centro de Desenvolvemento Sustentábel da Consellería de Medio Ambiente. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galiza.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000034015
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Dis ca nunha mesa de pedra no exterior se firmou a rendición na guerra hispano-estadounidense 1898 e pola cal Cuba declarou a súa independencia.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
GIL CAÑELLAS, Juan. “Las Bellezas de Galicia” Oviedo, 1926. Serie 34 Pontevedra: alrededores. nº 11.
COSTAS ÁLVAREZ, Claudia “Los secretos del Pazo de Lourizán” erasmusu.com. Pontevedra, 18-03-2016 [consultado en: 20-03-2016] Dispoñible en: http://erasmusu.com/es/erasmus-pontevedra/blog-erasmus/los-secretos-del-pazo-de-lourizan-399226#last
ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
“O Pazo de Lourizán” wikipedia [consultado en: 03-01-2015] Dispoñible en: https://gl.wikipedia.org/wiki/Pazo_de_Louriz%C3%A1n
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Defectos nas infraestructuras.
Onde está localizado
Latitude: 42.4095525528Lonxitude: -8.66474211216
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
Marián says:
Abr 9, 2016
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/04/09/historico-pazo-lourizan-ruinoso-languidece/1438397.html
Marián says:
Abr 9, 2016
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2016/04/09/edificios-atesoran-historia-lourizan-caen-cachosel-pazo-lourizanabandonopor-dentropor-fueramas-peligroscentro-agroforestal/0003_201604P9C3991.htm
Marián Santiago says:
Abr 27, 2016
Outra nova noticia:
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2016/04/23/silva-exige-xunta-rehabilite-pazo-lourizan-di-convenio/0003_201604P23C4991.htm
Marián Santiago says:
Feb 10, 2017
O futuro do Pazo de Lourizán. Nova do 10 de febreiro http://pontevedraviva.com/xeral/34217/socialistas-posicion-concello-pontevedra-usos-pazo-lourizan/?lang=gl
Marián Santiago says:
Feb 17, 2019
Nova do 17 de Febreiro. A Deputación sopesa denunciar á Xunta ante os tribunais polo abandono do Pazo de Lourizán
https://pontevedraviva.com/xeral/52463/deputacion-sopesa-denunciar-xunta-abandono-pazo-lourizan/