Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Lourizán (Santo André)
Lugar: A Igrexa - Lourizán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

No século XV este predio foi habilitado como “granxa” e desta época conserva o pombal ameado de planta circular. Foise logo adaptando aos tempos e converteuse en casa residencial e lugar de veraneo, cando residiu nela Eugenio Montero Ríos.

O edificio do pazo é de aire romántico e foi obra de Genaro de la Fuente Domínguez. É de grande tamaño, elegante e maxestoso. Accédese por unha escaleira de pedra de corte imperial custodiada por estatuas que representan virtudes, valores e devocións. A parte central está realzada por un brasón e un reloxo, no lugar do escudo que locen os pazos galegos. Na parte inferior hai un balcón e unha terraza que fai de miradoiro e embaixo unha gruta escondida tras as ramaxes.

Accédese ao interior a través dunha porta sinxela que ten impresas no vidro as iniciais maiúsculas dos seus antigos donos, “E e A”, “Eugenio e Avelina”. O edificio conta con dúas ás laterais, máis lixeiras. As columnas, os balcóns e os ornamentos mostran recursos clasicistas. Na parte superior, unha terraza ocupa unha extensión importante.

Actualmente está integrado na estrutura do Centro de Desenvolvemento Sustentábel da Consellería de Medio Ambiente. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galiza.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000034015
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dis ca nunha mesa de pedra no exterior se firmou a rendición na guerra hispano-estadounidense 1898 e pola cal Cuba declarou a súa independencia.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
GIL CAÑELLAS, Juan. “Las Bellezas de Galicia” Oviedo, 1926. Serie 34 Pontevedra: alrededores. nº 11.

COSTAS ÁLVAREZ, Claudia “Los secretos del Pazo de Lourizán” erasmusu.com. Pontevedra, 18-03-2016 [consultado en: 20-03-2016] Dispoñible en: http://erasmusu.com/es/erasmus-pontevedra/blog-erasmus/los-secretos-del-pazo-de-lourizan-399226#last

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
“O Pazo de Lourizán” wikipedia [consultado en: 03-01-2015] Dispoñible en: https://gl.wikipedia.org/wiki/Pazo_de_Louriz%C3%A1n


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Defectos nas infraestructuras.


Onde está localizado

Latitude: 42.4095525528
Lonxitude: -8.66474211216
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84