Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Baíñas
Lugar: Gándara
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Esta anta, hoxe con aspecto de menhir, atópase no sur da parroquia de Baíñas, en augas do encoro da Fervenza. E é que esta mámoa foi completamente arrasada polas augas do encoro a mediados dos anos 60. Soamente se pode visitar no verán cando o nivel da auga do encoro baixa.

O movemento das augas foi desgastando as pedras e a mámoa, que agora se conserva como residuo. Aínda se pode observar claramente a circunferencia da mámoa, que envolve esta chanta vertical puntiaguda. Ao seu carón están o resto de pedras que conformaban o dolmen rotas, unha delas pola metade.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Xa é tarde para salvar este dolmen que se viu somerxido baixo as augas do encoro da Fervenza.


Onde está localizado

Latitude: 43.0121827298
Lonxitude: -8.99903923273
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84