Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Laza
Parroquia: Castro de Laza ( San Pedro)
Lugar: Castro de Laza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa do século XVI de certa importancia episcopal, pola labra do pazo rectoral. A nave é rectangular, un pouco máis ancha na capela maior (tamén de máis altura), con cuberta de tella cerámica a dúas augas, que son catro no presbiterio, sobre muros de cantería. Porta alintelada con moldura acodada verticalmente e furna con estatua neoclásica sedente de San Pedro. Ocos sinxelos a ambos lados. Cornixa en frontón e espadana de dous tramos con dous e un tramo respectivamente, e rematado cun pequeno frontón triangular e cruz latina simple. Polo norte, capela saínte en frontón e pináculos en todos os vértices. Por dentro é de artesonado bo de pontóns, con catro lados na capela maior; gran retablo monumental no altar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Retábulo barroco de importancia e pía bautismal baixomedieval.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0852530067
Lonxitude: -7.48771369457
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84