Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castrelo do Val
Parroquia: Gondulfes (Santa Cruz)
Lugar: Gondulfes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de 1612, segundo inscrición nas pedras baixas da parede sur. É de nave rectangular co presbiterio máis ancho pero non máis alto. A cuberta é de tella cerámica a dúas augas e tres no presbiterio, sobre muros de cachotería reforzados nas esquinas e na cornixa con sillares. A fachada, feita toda con sillares, ten unha porta alintelada enmarcada entre dous piares angulares que sobresaen un pouco da fachada para rematar nun dobre capitel moldurado que remata no alto nun pináculo piramidal. A espadana ten dous ocos e un frontón furado, pináculos e cruz latina en pedra. Na traseira ten unha furna baleira con ramate superior en forma de vieira. Na parede sur conserva unha pedra co símbolo medieval das casas de préstamo e usura.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CASTRELODOVAL/documents/26686CA005.PDF
pax. 9 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9905972982
Lonxitude: -7.39595532417
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84