Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Oímbra
Parroquia: Oímbra (Santa María)
Lugar: Oímbra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa do século XVI cunha capela lateral, encargada polos condes de Monterrei. A parede norte conserva intactos uns cantos canzorros románicos moi interesantes, e as escadas que hai a carón da entrada, pois a igrexa está na ladeira moi empinada dun castro, son de gran interés artístico. Ten unha nave rectangular con presbiterio máis alto e ancho que a nave. A cuberta é de tella cerámica a dúas augas, catro no presbiterio, e tres na capela lateral (capela dos condes) do muro sur, posterior á propia construción. A capela ten nas esquinas pilastras a modo de contrafortes rematadas en esbeltos pináculos, igual que as catro esquinas do presbiterio. A fachada ten unha porta que foi de arco apuntado, pero engadiúselle unha lumieira e agora está alintelada. Ten a media altura un lucernario rectangular e remata nunha espadana de dous ocos coroada cunha cruz de pedra e dous pináculos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8868715166
Lonxitude: -7.47245192527
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84