Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Culleredo
Parroquia: Burgo, O (Santiago)
Lugar: O Burgo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Baixomedieval,
Descrición:

A Ponte do Burgo localízase entre os concellos coruñeses de Culleredo e Cambre. De orixe romana, foi reformada no século XII como doazón dos terreos do condado de Traba á Orde dos Cabaleiros Templarios,quen cobraban unha peaxe a todos aqueles que querían pasar pola ponte, paso obrigado dos peregrinos que desembarcaban na Coruña para dirixirse a Santiago. Como consecuencia da conspiración que argallou o rei de Francia Felipe “el Hermoso”, as súas posesións pasaron ás mans da Coroa, e máis tarde á casa dos Andrade, que procederon á súa reconstrucción a mediados do século XV, conservándose a pedra de armas da familia na igrexa de Santiago do Burgo. O 12 de xuño de 1809, en plena Guerra da Independencia as tropas de Sir John Moore voaron un dos ollos da ponte. Foi restaurada pola escola-taller de Culleredo no ano 1992 e inaugurada o 17 de xuño de 1993. Na actualidade conta con 12 arcos de medio punto con doelas de cantería, que salvan unha luz de 7 a 8 metros cada un. Conserva seis arcos da ponte primitiva, cinco na canle principal. A ponte na súa totalidade está feito con cantería de granito. Sobre os arcos destacan tímpanos de cantería formando ringleira. Posúe tallamares triangulares a modo de separación entre as arcadas.
Por esta ponte pasa o Camiño Inglés de peregrinación cara a Santiago de Compostela.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3154285521
Lonxitude: -8.35968375206
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84