Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cualedro / Verín (comarca)
Parroquia: San Millao (Santa María)
Lugar: San Millao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está nunha ladeira dun monte a unha altitude de 697 metros. Ten planta cuadrangular e amosa tres recintos con murallas ciclópeas e aparello poligonal que están moi ben conservadas para o que soe ser habitual nestes asentamentos. Amosa cubos de torres e sistema defensivos de pedras fincadas. O maior dos recintos é a croa. Conserva un foxo escavado na rocha de 8 metros de fondo e 6 de ancho. Ten unha medidas de 246 metros no seu eixo leste-oeste e 126 no norte-sur. Polas bandas sur e oeste ten unhas pendentes moi pronunciadas cara o río dos Pichos, afluente do Búbal. Segundo estudos realizados sobre o castro, este sería reocupado en época tardorromana, séculos III e IV . Entre os materiais aparecidos nel (cerámicas, bronces..) destacaría unha falera ou condecoración militar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32028026
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CUALEDRO/documents/27484CA036.pdf
webs
http://www.antropoloxiagalega.org/index.php/traballo-de-campo/viaxes-de-investigacion/explorando-as-grandes-cidades-da-gallaecia/o-castro-de-san-millan/item/264-o-castro-de-san-millan-a-sacsayhuman-galaica


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9040337854
Lonxitude: -7.60468482971
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84