Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Castrelo
Lugar: Lavandeira
Outra denominación do ben: Castro de Lavandeira, Citania de Vilaseco ou Igrexa Vella
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro do Sino érguese a case 300 metros de altura sobre un monte preto do lugar de Lavandeira. O castro aproveitou a súa localización estratéxica, no alto dun outeiro e cun gran desnivel cara o regato de Lavandeira que o envolve pola parte noroeste. Conserva as murallas de defensa da súa parte leste e sur, e tamén os cimentos de varias vivendas circulares.

En outubro do 2010 perigou a súa existencia cando o dono da finca, por descoñecemento do que alí tiña, intentou explanar as murallas para plantar eucaliptos. Pronto se paralizou a obra e non afectou demasiado á estrutura. Si á muralla exterior e a parte dun montículo interior. Logo da agresión, un técnico de patrimonio, Tomás Rodríguez, fixo unha inspección visual do lugar e axiña atopou fragmentos de tella e cerámica.

En Patrimonio está catalogado como Citania de Vilaseco ou Igrexa Vella. Este último topónimo vén de que a Igrexa de San Martiño de Castrelo estaba ó pé deste castro. No 1714 foi trasladada á súa localización actual en Castrelo. O campanario estaría situado nunha zona alta do castro, de aí o nome do Sino, do son da campá.

Dado o seu difícil acceso nunca foi moi coñecido, malia ser un dos máis importantes do concello de Vimianzo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contan os veciños que seica aproveitaban as casas circulares para resgardarse da auga cando traballaban no  monte fai moitos anos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0607673057
Lonxitude: -9.05880153179
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84