Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Verín
Parroquia: Ábedes (Santa María)
Lugar: Ábedes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela de planta rectangular e teito a dúas augas con cuberta de tella do país. A fachada ten no cume unha espadana. Fábrica de perpiaño e cachotería. Con moitas reformas a través dos séculos. Ten sillares romanos, algún elemento románico, e ampliacións do século XVIII.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Celébrase unha romaría importante para a comarca do Támega, o 17 de xaneiro, que é o día no que comeza a conta das festas do entroido, as principais deste territorio. Tradicionalmente é o día do chourizo, que xa están curados e sácanse dos fumeiros para darse unha boa enchenta ese día, ao redor da capela, no outeiriño onde está, facendo cacharelas e asándoos nelas, para rematar o día cortando xestas verdes e facer todo o fume posible…
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A xaneiro de 2015 aínda están obrando ao redor, a nome do concello de Verín, unha escola taller que se está ocupando da rehabilitación da capela e habilitación do entorno…
Onde está localizado
Latitude: 41.9322827815Lonxitude: -7.41823375225
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Xan 13, 2015
A capela de San Antón no catálogo do pxom de Verín do ano 2012
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca003.PDF (pax 2 do pdf)