Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Monterrei
Parroquia: Flariz (San Pedro)
Lugar: A Caridade
Outra denominación do ben: Igrexa da Virxe das Neves
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa dunha única nave, moi alta, rectangular con cuberta de tella cerámica curva, a dúas augas, que son catro no presbiterio. Torre do campanario con dous corpos, estilo compostelán, moi esvelta, rematada con pináculos, ao igual que a propia nave.
O actual tempo é do século XVIII pero a súa fundación é do XVI. É un magnífico templo barroco cunha torre esvelta, e que fai conxunto cunha fonte monumental, de augas milagreiras, un cruceiro, unha gran casa rectoral e un peto de ánimas encostado na parede sur.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A lenda conta que a Condesa de Monterrei, Inés de Velasco, adoecía dos ollos e xa levaba moito tempo así ata que un día lle prometeu á Virxe que se no solpor, na dirección do sol dende o castelo, había unha fonte con auga que a curase, alí mesmo levantaría un templo na súa honra. Efectivamente, sandou coas augas da fonte dese lugar (que coincide con exactitude no lugar do solpor dende o castelo de Monterrei, aí polo mes de xuño) e fixo alí a Ermida.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERREI/documents/27884ca009.PDF
pax. 37 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9432963808
Lonxitude: -7.53037154675
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84