Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Laza
Parroquia: Cerdedelo (Santa María)
Lugar: Cerdedelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Capela de nave rectangular con cuberta de lousa a dúas augas sobre muros de cachotería de xisto. A fachada complétase cun campanario simple para dúas campás, frontón triangular con oco e arco e cruz latina simple. Ten pequenos pináculos aos lados.
Aínda que o templo é do século XIX, a tradición da Pena Tallada pénsase que vén dende hai séculos por ser un lugar no que frecuentemente paraban os segadores galegos que ían e viñan de Castela para a sega. O nome de Pena Tallada vén precisamente do lugar onde está a imaxe da Virxe, nunha pena tallada a uns vinte metros da capela.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Dise que no mesmo lugar onde hoxe está a imaxe, na pena tallada, aparecéuselle a virxe a un pastor da aldea, e que o resto da xente a viu despois noutra aparición. Cando se fixo a capela, cóntase, parece ser que trasladaron a imaxe a dentro da capela, e que comezou unha treboada de montaña moi forte, e que seguiu moitos días ata que puxeron de novo a imaxe na pena tallada.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAZA/documents/26331CA001.PDF
pax. 6 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0888081135Lonxitude: -7.39559590816
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84