Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Coruña
Parroquia: Elviña (San Vicenzo)
Lugar: O Castro de Elviña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O Castro de Elviña consta dun recinto central alto, a croa, cunha entrada monumental flanqueada por dous torreóns defensivos semicirculares entre os que se abre unha rampla e escaleiras de acceso empedradas. Cinguido dunha muralla moi potente de máis de 4,5 metros de grosor, vese ampliado por cando menos dúas terrazas sucesivas polo oeste, sur e leste. Polo norte, a aparición de restos de edificacións na ladeira fóra da croa fala da existencia doutros recintos.
As sondaxes nas terrazas oeste e sur apuntan a un poboamento progresivo das ladeiras, tanto máis recente canto máis afastado da croa. Polo sur atopáronse edificacións con planta curva, habitadas entre os séculos II e I a. C., con ocupacións anteriores das que apenas quedan indicios, na primeira terraza existe unha edificación de ángulos rectos con materiais quizais do século I d. C., e máis abaixo, a carón da muralla exterior, un chan empedrado pode situarse en momentos posteriores, entre os séculos II e IV d. C.
As escavacións céntranse dende o 2003 no ángulo SO da croa, tanto dentro como fóra da muralla. No interior da acrópole apareceron espazos ben diferenciados, separados por muros e muretes de contención que delimitan edificacións, de lados maiores rectos e menores curvos, unha delas dividida en dúas estancias e algunhas con fogar, que foron reformadas no correr do tempo.
No ángulo NO da muralla ábrese unha monumental entrada en rampla enlousada flanqueada por grandes torres curvas. Á súa beira a muralla aparece reforzada con engadidos que a dotan dunha configuración en chanzos. No exterior dela desenvólvense unha longa edificación que corta a muralla anterior.
Estes restos súmanse ós xa coñecidos das vellas campañas, restaurados hai décadas entre os que cómpre destacar a entrada leste, con chanzos entre as torres grandes; a complexa Casa da Exedra, na que se distinguen as sucesivas transformacións do seus espazos; o templo do Ídolo Fálico, sendo unha combinación de muros de diferentes épocas, e sobre todo o Pozo-Alxibe, quizais a mellor e máis orixinal construción do xacemento na que dúas escaleiras afrontadas descenden cara a un pozo circular do que xorde un manancial que lles proporcionaba auga potábel aos habitantes do castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15030003
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Guía de Castros de Galicia e Noroeste de Portugal, Xunta de Galicia, 2006.
– CHAMOSO LAMAS, M.: “El “Castro de ElviñA””, Alicante : Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2007
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/0152CA003.pdf (p. 19)
– http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.329801919362694
Lonxitude: -8.41614693403244
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84