Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vilardevós
Parroquia: Santa María de Traseirexa (Santa María)
Lugar: Moimenta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela do século XVII. Ten unha nave rectangular con cuberta de tella cerámica a dúas augas sobre muros de sillería irregular. A fachada é sinxela cunha porta alintelada e unha cornixa e rematada nunha pequena espadana cun só oco e unha cruz de pedra. O altar que hai na entrada non é tal. Era un pontillón que había maís abaixo, no regato.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Conta a lenda que ese pontillón de pedra que hoxe fai de altar, foi feito na Moimenta para poder poñelo nese regato e poder pasar ata Enxames, a parroquia, pero que como non había quen a levase, de grande que é, colleuna unha moura e levouna na cabeza ata o lugar onde faría o servizo. Curiosamente, o tempo devolveu a pedra ao lugar de onde saíra.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILARDEVOS/documents/26687CA009.PDF
pax. 8 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9022371144
Lonxitude: -7.33793377877
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84