Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Dorrón (San Xoán)
Lugar: Casal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de talla popular como se pode apreciar na talla rústica do capitel e das imaxes da cruz. Érguese entre o cemiterio e a igrexa parroquial de San Xoán de Dorrón. Ten unha plataforma de dous chanzos con pousadoiro acaroado ao baseamento. Este é de sección cadrada regular ata a súa altura media para converterse nunha pirámide truncada.
O varal e oitavado e lixeiramente acanalado. O capitel é un paralelepípedo sobre o que están labradas en baixo relevo unhas volutas angulares e un motivo con forma de martelo na parte media.
A cruz é lisa de sección rectangular. No reverso vemos unha Inmaculada Concepción sobre unha media lúa e portando a o meniño Xesús no colo; no anverso un Cristo de extremidades desproporcionadas e ríxidas. Ambas figuras mostran ser un talla popular caracterizadas pola rixidez dos membros, os ollos amendoados e falta de proporcionalidade.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
P.X.O.M. 27/02/2003 “Catálogo de Patrimonio”. Concello de Sanxenxo, 24-02-2003. p. 98. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANXENXO/documents/0927CA011.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4082548889Lonxitude: -8.76126140356
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84