Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Lérez (San Salvador)
Lugar: A Piolla
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro situado no cemiterio parroquial de Lérez e integrado nun monumento adicado ao médico Enrique López de la Ballina realizado en con posterioridade ao cruceiro en 1930.
O cruceiro carece actualmente de plataforma. O baseamento e cúbico coas arestas superiores rebaixadas. O varal e oitavado coas a faces lixeiramente acanaladas. No anverso amosa catro santiños: O primeiro por abaixo leva tonsura, viste de hábito franciscano e porta un libro e unha cruz; o segundo viste casulla e porta unha parrilla e un libro (San Lorenzo); o terceiro leva tonsura, viste de hábito e porta un libro e a palma do martirio; o cuarto e superior é unha muller con manto cubríndolle a cabeza e os brazos cruzados sobre o peito (Anunciación).
O capitel é composto, formado por collarino, motivos vexetais, volutas angulares e equino de lados curvos. As cabezas dos querubíns sitúanse sobre o equino e non entre as volutas como ven sendo habitual nestes capiteles. Polo reverso, no lado da Virxe, temos unha caveira en lugar dun querubín polo que sabemos que o cruceiro foi desmontando nalgún momento, posiblemente para desprazalo ao cemiterio dende a súa ubicación orixinal.
A cruz e nudosa e amosa un Cristo exento, de tres cravos, coas costas separadas da cruz, baixo cartela de INRI. No reverso, inda que é difícil velo por mor de estar tan preto a estrutura do monumento pódese apreciar un conxunto moito máis elaborado formado por unha Virxe María, na súa advocación de Gloriosa, coroada por dous anxos e co neno Xesús no colo; e un diaño con aspecto de cabrito aos seus pés.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4518943379Lonxitude: -8.62372174859
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84