Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Cutián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cabana típica da parroquia de San Xurxo de Sacos. Consta de tres pares de esteos paralelepípedos nos que a face da base é máis ancha que a superior. Os estíos teñen un único tornarratos compartido por cada par, tendo tres en total. Estes son tamén paralelepípedos. Sobre el érguese unha cámara en cantería de granito, pero con pasaventos de aparello de ladrillo e cemento. A porta de acceso esta na parede testeira que mira ao leste. As paredes testeiras están cubertas por penais sen ningún tipo de remate. E o teitume era a dúas augas.

Orixinariamente a cámara foi feita en madeira ata que foi derruída por un forte vendaval, tras o cal foi substituída por unha en pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

O meu abó, Antonio Eirín Fraga, contoume que un día aparecéuselle un anxo que lle indicou a pedra e onde facer o hórreo. Falando desta historia coa familia, non se dá moito creto a que o señor Antonio fixera el mesmo o hórreo senón que fora feito por outros. No seu tempo, no pobo todos tiñan maña co traballo de cantería polo que moi posiblemente fora un traballo no que colaboraron varios veciños, moi posiblemente o meu abó coa carpintería e un tal Petín Touriño co que tiña moi boa relación e tiña moita maña co traballo en pedra.
Cóntase na familia que no seu día, a cámara era de madeira ata que foi derruída por un temporal no que apareceron espigas ata na estrada que leva ao pobo a uns 200 metros. Por mor disto víronse obrigados a gardalas espigas de millo dentro da casa, ben debaixo das camas ou onde boamente se puidera ata que se construíra a nova cámara.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5161905051
Lonxitude: -8.53353112936
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84