Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cangas
Parroquia: Cangas (Santiago)
Lugar: A Señal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que estaba ao pé da ponte gótica, hoxe desaparecida e soterrada baixo o asfalto, que salvaba o rego de Bouzós, que separa as parroquias de Santiago de Cangas de san Salvador de Coiro. Está datado no ano 1721.

Consta dunha plataforma de tres chanzos, con pedestal cúbico, cos bordes superiores biselados. Na cara frontal, ten inscripción coa data: AÑO 1721. O varal é de sección octogonal. O capitel aséntase sobre un anelete cilíndrico moi desenvolvido, acotado por toros, e está decorado con volutas nos cantos e caras de anxos en tres dos lados, mentres que na cara frontal, o anxo é sustituído pola caveira de Adán. Os brazos da cruz son de sección cadrada, e neles está cravado un Cristo algo desporporcionado de membros, pero de talla expresiva, morto, coa cara ladeada á dereita, e cartela sobre a cabeza co INRI. No reverso da cruz, represéntase á Virxe das Angurias, en actitude orante e co manto sobre a cabeza.

Na base do varal colgan varios farois onde aínda é costume popular acender candeas e palmatorias.

O topónimo non ten que ver con sinal algún, senón que é deturpación de Aceñal, (pronúnciese aseñal) por haber en tempos no río Bouzós aceñas ou muíños de auga.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Aínda que o cruceiro non está en perigo, perdeu todo o entorno que lle daba sentido (o río Bouzós e a ponte). Hoxe murcha entre edificios de alturas aberrantes, xunto a un aparcadoiro e contedores de lixo.


Onde está localizado

Latitude: 42.264131903437516
Lonxitude: -8.779197335243225
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84