
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bueu
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: O Enleito
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O primitivo templo databa da época do románico, pero foi completamente demolido no século XIX para edificar a igrexa actual, aínda que se conserva algun dos vellos canzorros empotrado no muro.
O edificio actual data de 1880, e é de estilo historicista neoclásico. Ten pranta rectangular, con ábsida cadrada cuberta con bóveda, e ciborio sobre o cruceiro. A fachada é de gran sinxeleza decorativa: a porta alintelada inscríbese nun gran arco cego sobre pilastras lisas adosadas ao muro, cun pequeno rosetón no tímpano. A parte alta remátase cun frontón con pináculos abulbados nos extremos. No centro, rematando o conxunto, érguese a torre dos sinos, de sección cadrada, pilastras adosadas nos cantos, e remate con cupuliña nervada.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.319240472628934Lonxitude: -8.789432644844055
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
franjopadin says:
Out 3, 2011
A Igrexa parroquial de Santa María (sic) de Bueu consta no catálogo das Normas subsidiarias
Municipais de planeamento do concello de Bueu, e ten grao de protección integral.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BUEU/documents/0719NO010.pdf